NavBarSLT

Montañeiros Galegos x Nepal

 
Agora mesmo a acción máis inmediata que temos os MONTAÑEIROS GALEGOS POLO NEPAL é a Andaina Solidaria do día 25 polos montes de Valadares, Comesaña e Matamá, cunhas vistas espectaculares da ría de Vigo.
Será un percorrido circular de aproximadamente 20km, con posibilidade de poder retirarse antes, pois a nosa intención é que vos impliquedes todos e, sobre todo, que impliquedes aos vosos amigos e achegados a que participen nela.
Como podedes ver na TARXETIÑA DE PARTICIPACIÓN... preténdese que cada un de nós consiga "portear" o máximo posible de metros estas "mochilas solidarias", e así
conseguir entre todos un importante número de metros (€) para ir achegándonos a ese "Fermoso cume".
TODOS OS PARTICIPANTES NA ANDAINA TEREMOS UN RECORDO DA MESMA, con el difundiremos aínda máis estas
accións.
Chegando a data iremos dando información máis completa. Si será moi importante que vos apuntedes con antelación e apuntedes aos vosos amigos para ter coñecemento previo do número de participantes.
As TARXETAS DE PARTICIPACIÓN, coa aportación voluntaria, recolleranse na recepción da marcha, antes de botar a andar, e a cambio entregarémosvos o agasallo. Podedes solicitar máis tarxetas no voso club, podedes descargarlas nesta páxina ou ben fotocopiar a cara onde aparece o debuxo. Tamén estarán dispoñibles na mesma saída.
Agardamos de todos vos a vosa colaboración pois somos conscientes do "Contido Humano e Social" que
podemos desenvolver os montañeiros, tendo unha causa xusta na que implicarse.
Teléfonos de inscrición gratuíta (de 19,30h a 21,30h) 986 42 05 51986 42 05 51 e 986 43 85 05986 43 85 05, de luns a venres.
CAMIÑEMOS XUNTOS POR ESTA BOA CAUSA

No hay comentarios:

Publicar un comentario